Saltar ao contido

Aberto o prazo para votar no II Concurso Fotográfico “Filloarte”

Xa está aberto o prazo de votación na segunda edición do concurso de fotografía dixital “Filloarte”, organizado pola Asociación Cultural da Filloa de Lestedo en colaboración co Concello de Boqueixón. Consulta as 38 imaxes a concurso na fan page de Facebook da Festa da Filloa de Lestedo (https://www.facebook.com/filloaoficial) e vota pola túa favorita antes das 23:59 do venres 4 de marzo.

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, establece catro premios, dous elixidos por un xurado profesional e outros dous para as imaxes que reciban máis “gústame” en Faceboook. Os premios serán:

  • Dous primeiros premios: Vale por valor de 150 euros para canxear por unha noite nunha cabana de María Manuela Enoturismo de Boqueixón.
  • Dous segundos premios: Vale por valor de 100 euros para canxear por unha cea no Restaurante O Balado de Boqueixón.

Os premios serán entregados o domingo 6 de marzo, durante a celebración da edición 39 da Festa de Lestedo, festa de interese turístico de Galicia.

Skip to content Click to listen highlighted text!