Saltar ao contido

CAMIÑOS DE SANTIAGO

CAMIÑOS DE SANTIAGO

Como antesala de Compostela, Boqueixón é punto de paso de tres Camiños de Santiago, dous deles recoñecidos e un terceiro, en vías de recoñecemento: a Vía da Prata, o Camiño de Inverno e o Camiño Miñoto-Ribeiro, respectivamente. Polo tanto, os Camiños de Santiago teñen un papel fundamental e supoñen un valor engadido á singularidade desta parroquia boqueixonesa.

Vía da Prata

O máis famoso dos tres itinerarios é a Vía da Prata. Precisamente, Lestedo é un dos puntos de parada da última etapa deste percorrido (Silleda-Compostela).

Miles de peregrinas e peregrinos percorren a Vía da Prata todos os anos. Para mellorar a súa acollida, acometéronse distintas actuacións de mellora das instalacións, como a área habilitada a carón do polideportivo de Lestedo, lugar onde pernoitan os grupos grandes de camiñantes que adoitan pasar pola localidade nos meses estivais.

A Vía da Prata é o Camiño Xacobeo galego de maior percorrido. Pasa por terras das provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña e por espazos naturais de gran beleza, cun rico patrimonio natural e cultural. Polo seu longo trazado, presenta distintos accesos á comunidade desde o nordeste de Portugal, sendo a conca do Sil a entrada tradicional a Galicia.

Camiño-via de prata
Camiño-inverno

Camiño de Inverno

O Camiño de Inverno toma o seu nome do uso que del se facía por parte xa dos romanos e de camiñantes que, en época invernal, utilizaban este itinerario para evitar as neves de O Cebreiro (paso obrigado do Camiño Francés). Este itinerario conforma a entrada natural a Galicia desde Castela e León e tomábase como alternativa ao Francés.

Cun percorrido de preto de 240 quilómetros, esténdese desde Ponferrada (comezando en As Médulas, Patrimonio da Humanidade) a Santiago. Salienta por ser a única Ruta Xacobea que pasa polas catro provincias galegas e por comarcas de gran singularidade paisaxística e valor cultural. Estas son a de Valdeorras (en Ourense), a de Ribeira Sacra (coas súas impresionantes vistas das concas do Sil e do Miño -entre as provincias de Ourense e Lugo-) e a do Deza, na provincia de Pontevedra. Aquí o itinerario conflúe coa Vía da Prata para finalizar na bisbarra compostelá (en A Coruña).

O municipio de Boqueixón é territorio de paso da última das etapas (Rubial-Santiago), de algo máis de 12 quilómetros. As persoas que o percorran tamén teñen a oportunidade de descubrir a localidade de Lestedo, co Pico Sacro como principal expoñente. Do mesmo xeito, recoméndase facer un alto no percorrido para gozar das panorámicas a vista de paxaro desde o alto do Monte Sagrado e para coñecer a historia do lugar no Centro de Interpretación, na localidade de Cachosenande.

Camiño Miñoto-Ribeiro

Recoñecido pola Igrexa como unha Ruta Xacobea no ano 2020, este itinerario atópase en trámites de recibir o recoñecemento como tal por parte da Xunta de Galicia. Este camiño é un dos máis antigos que unían o norte de Portugal con Compostela. De feito, gran parte do seu percorrido transcorre polos mesmos sendeiros, calzadas romanas e camiños medievais que foron utilizados no seu día polos peregrinos que querían achegarse á cidade do Apóstolo.

Esta foi unha ruta creada como alternativa ao percorrido pola costa de Tui e Valença, accedendo e cruzando Galicia polo interior. O Camiño Miñoto-Ribeiro, que salienta por tres elementos diferenciadores -Natureza, Termalismo e Viño- conta con tres entradas desde Portugal:

  • Itinerario principal: desde Braga hacia Vilaverde, pasando por Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Monçao e Melgaço, atravesando os municipios galegos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Ribadavia, Beade, Leiro, O Carballiño, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Santiago
  • Braga, Ponte da Barca, Ermelo, Lindoso hacia Baixa Limia, Lobios y Entrimo, Castro Leboreiro, onde se uniría co itinerario principal
  • Terras de Bouro ata as proximidades da vila de Lobios, Entrimo e Castro Leboreiro, onde se uniría co itinerario principal
camiño-miñoto
Skip to content Click to listen highlighted text!