Saltar ao contido

ÁREAS NATURAIS

ÁREAS NATURAIS

O municipio de Boqueixón salienta por contar con diversos espazos naturais e de lecer onde poder pasar unha xornada tranquila, en familia, con amizades ou en soidade. Para as persoas amantes da natureza, ofrécense, pois, varias posibilidades para gozar de fermosos recunchos a pé de cursos fluviais (co río Ulla como o seu maior expoñente), antigos muíños restaurados ou unha ponte románica con gran protagonismo nun episodio histórico único. Segue lendo para descubrir todas estas áreas que poderás atopar en Boqueixón.

Área recreativa das Ínsuas de Gres

Na parroquia de Ledesma, o río Ulla conforma a fronteira natural entre as provincias de A Coruña (Boqueixón) e Pontevedra (Vila de Cruces). Ademais de tratarse dunha área de singular beleza, na que salientan sete pequenas illas, que están unidas por pontes. Resultan ideais para gozar dunha xornada nesta área, que tamén conta cunha fermosa praia fluvial, así como con diversos bancos e mesas para comer.

Nesta área poderaste marabillar coa ponte románica sobre o río Ulla, que separa ambos os dous municipios e que foi testesmuña dun importante episodio histórico. Ponteledesma foi o punto onde se librou unha batalla napoleónica, que tivo lugar en marzo de 1809 e que se saldou coa victoria veciñal. Paga moito a pena aproveitar un solpor a carón das augas do Ulla e gozando do son das follas das árbores movidas polo vento.

Narualeza-1
Narualeza-2

Área natural da Capela de San Paio

Localizada na parroquia de Codeso, trátase dunha das paraxes máis completas e fermosas do municipio de Boqueixón. Unha parada ideal para unha xornada en plena natureza, xa que, a carón da capela de San Paio, poderás atopar un pequeno sendeiro -menos dun quilómetro de extensión- que discorre a pé de río e que che levará por unha singular viaxe entre paisaxes de bosques da ribeira galega, por dúas fervenzas, varios muíños restaurados e ata unha fonte milagreira. Unha experiencia do máis completa.

Esta misma área é un dos puntos de parada dunha das rutas sendeiristas do municipio de Boqueixón. Desde aquí tamén se podería realizar un percorrido de arredor de 10 quilómetros que remataría na parroquia de Ledesma.

Área recreativa de Gastrar

Na parroquia que leva este mesmo nome, este é un grato espazo de lecer. Esta área dispón de diversos bancos, asadores -só se poden usar en certas épocas do ano- e un pequeno parque infantil na beira dun regato e baixo unha gran carballeira.

Na súa contorna, atópanse os vestixios do Castro de Gastrar, un asentamento fortificado da Idade de Ferro. Ademais, recoméndase unha visita ao Centro de Interpretación dos Muíños, onde entrarás nun muíño restaurado que se atopa nesta área recreativa e que aínda conserva a súa función. Un xeito diferente de achegarse á tradición de moer millo neste territorio.

Narualeza-3
Narualeza-4

Área recreativa de Sucira

Localizada na zona sur do municipio de Boqueixón, esta área esta bañada polo río Ulla na súa marxe dereita. Sorprenderache pola súa amplia carballeira, de gran beleza e interese natural.

Trátase, pois, dun lugar ideal para pasar unha xornada en contacto coa natureza. Esta área tamén dispón de diversos bancos, mesas e asadores para desfrutar dun día no río.

Fervenzas

Ademais das súas extensas paisaxes verdes, Lestedo tamén conta con outro espazo natural de interese. A Fervenza de Ramil é un dos tres saltos de auga que acolle o río Pontillón ó seu paso por Boqueixón antes de verter as súas augas no río Ulla. Emprazada preto do núcleo de Ramil, esta fervenza salva un desnivel duns 8 metros entre rocas graníticas, rodeadas pola vexetación que conforma un frondoso bosque de ribeira.

Outra das fervenzas que paga a pena visitar é a da parroquia de Vigo. Trátase dun pequeno salto de auga de singular beleza rodeado dun frondoso bosque.

Narualeza-5
Narualeza-6

Miradoiros

Aparte do impresionante miradoiro do Pico Sacro, Boqueixón tamén conta con outros dous puntos de interese que paga a pena coñecer. O primero deles atópase en Donas, onde se pode gozar do miradoiro sobre a Ponte do Gundián. Na que é tamén coñecida como a parroquia máis pequena de Galicia descubrirás tamén unha burga, caracterizada polas súas augas medicinais.

Outro dos miradoiros de Boqueixón atópase na parroquia de Loureda. Alí poderás gozar das paisaxes típicas do interior galego desde o Miradoiro do Monte Castelo.

Skip to content Click to listen highlighted text!