Saltar ao contido

FILLOARTE

FILLOARTE

FilloArte é o certame de fotografía para afeccionados da Festa da Filloa de Lestedo. Un concurso que se pon en marcha co obxectivo de divulgar, potenciar e dar a coñecer o festexo e o seu produto estrela, as filloas, a través dos ollos das xentes de Lestedo.

Para participar, as persoas interesadas envían un máximo de dúas fotografías orixinais con temática de filloas á organización da festa. Recibidas todas as imaxes, publícanse nos perfís oficiais da Festa da Filloa de Lestedo en Facebook e Instagram, para que os seguidores dos mesmos escollan as súas favoritas.

Os premios divídense en dúas categorías: a popular, nas que se escollen as dúas fotografías con más “me gusta” en redes sociais; e a do xurado, que selecciona outras dúas imaxes.

Coa fin de potenciar os negocios de proximidade, as persoas gañadoras en ambas categorías perciben como premio estancias ou experiencias gastronómicas en establecementos de hostalaría e turismo do municipio de Boqueixón.

A entrega destes premios aos gañadores realizase no Campo da Festa de Lestedo durante o día grande do evento.

Skip to content Click to listen highlighted text!