A Festa da Filloa de Lestedo (Boqueixón-A Coruña), celebrou a súa 43 edición (a segunda desde a súa declaración como evento de
A Festa
A Festa da Filloa de Lestedo é unha exaltación gastronómica que pon en valor esta tradicional sobremesa galega típica do Entroido. Degustacións, showcooking, música, Xenerais da Ulla e máquinas filloeiras conforman o programa de actividades desta cita que conta co recoñecemento da Festa de Interese Turístico Nacional dende 2024 e que este ano chegou á súa XLIII edición.
A receita
Con orixes na época romana, a elabórase con fariña de trigo, ovos, auga e sal. Con esta base, obtense un prato delicioso que pode servir como base para as máis variadas adaptacións, tanto tradicionais coma modernas. Un produto cun alto valor gastronómico.
Con orixes na época romana, a Filloa de Lestedo elabórase con fariña de trigo, ovos, auga e sal. Con esta base, obtense un prato delicioso que pode servir como base para as máis variadas adaptacións, tanto tradicionais coma modernas. Un produto cun alto valor gastronómico.
Pregoeiro
A directora do programa ‘Galicia por diante Fin de Semana’ de Radio Galega, Isabel Pichel, será a pregoeira da XLII edición da Festa da Filloa de Lestedo. Excelente coñecedora do noso produto, encargarase de ensalzalo na inauguración oficial do noso evento.
A directora do programa ‘Galicia por diante Fin de Semana’ de Radio Galega, Isabel Pichel, será a pregoeira da XLII edición da Festa da Filloa de Lestedo. Excelente coñecedora do noso produto, encargarase de ensalzalo na inauguración oficial do noso evento.
A XLIII Festa da Filloa de Lestedo en cifras
+ 47.000
persoas asistentes ás diferentes actividades
+ 70.000
Filloas de Lestedo degustadas na xornada grande da festa
+ 1 M €
de retorno económico na localidade e na comarca
+ 240
veciños e veciñas da parroquia implicados na organización
ENTROIDO DA ULLA
O Entroido dos Xenerais da Ulla forma parte tamén do programa da Festa da Filloa de Lestedo. Trátase dun Entroido tradicional, declarado de Interese Turístico de Galicia, que se desenvolve nun total de 8 municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. Todos os anos, Lestedo convértese no epicentro desta celebración propiciando un encontro de Xenerais da Ulla, que, nesta ocasión, congregou a máis de medio centenar de xinetes.
Ubicación
A celebración desenvólvese na parroquia de Lestedo, do concello de Boqueixón (A Coruña), o Domingo de Piñata. O programa esténdese durante dúas semanas e inclúe propostas de todo tipo: culturais, gastronómicas e de ocio.
15881 Lestedo. Boqueixón (A Coruña)
Coordenadas: 42.7141538, -8.3856263
17 minutos en coche desde Santiago de Compostela
23 minutos en coche desde o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago
26 minutos en bus desde a estación intermodal de Santiago
ACTUALIDADE
A Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico Nacional en 2024, ofreceu esta mañá unha cata sensitiva dirixida a integrantes
A Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico Nacional en 2024, estará presente en toda España a través da venda
CONTACTO
Tes algunha pregunta? Cubre o noso formulario ou escríbenos un correo electrónico a festadafilloadelestedo@gmail.



