Saltar ao contido

PATRIMONIO HISTÓRICO

PATRIMONIO HISTÓRICO

O patrimonio histórico vencellado coa tradición cristiá e coa arquitectura relixiosa está moi presente en Boqueixón. A continuación, amosámosche as principais igrexas de interese.

Lestedo

Ademais dos restos do torreón medieval que se levantan na cima do Pico Sacro e dos restos románicos da reconstrución nos séculos XI e XII e actual Capela de San Sebastián, Lestedo conta con outros dous templos interesantes para a persoa visitante.

Así, no lugar de Rubial levantouse a antiga igrexa parroquial de Santa María de Lestedo, un templo de estilo románico de reducidas dimensións que, debido ó seu mal estado de conservación, tivo que reconstruírse a principios do século XX. Así, o 2 de xuño de 1915 comezaron as obras do novo edificio, de pranta de cruz latina e grandes vidrieiras, encadrado dentro do estilo neogótico deseñado polo arquitecto compostelá Jesús López de Rego. Unha igrexa de gran altura, con contrafortes, arcos apuntados, elevados pilares, bóvedas de crucería e unha gran torre na súa fachada, como elementos característicos. As súas vidreiras a cores datan do 2005 e o seu interior acolle 3 retablos: o maior, o de San Roque e o de Nosa Señora do Carme.

Igrexa lestedo

Igrexa de Lestedo

Capela lourdes

Capela Lourdes

Emprazada no Campo da Festa de Lestedo, atópase a Capela de Nosa Señora de Lourdes. A súa construción comezou en 1883 co obxectivo de facilitar a asistencia da veciñanza aos cultos relixiosos os días de mercado. Tanto o seu interior -con planta de salón- como a súa fachada -cunha sinxela xanela circular e unha espadana- seguen as liñas clásicas e sobrias do historicismo decimonónico.

Completan o patrimonio histórico relixioso da parroquia de Lestedo catro cruceiros, todos eles en granito e coas figuras do Cristo crucificado e da Virxe. Localízanse nas aldeas de Rubial, Pazos e Cachosenande, aos que se suma o Cruceiro da Feira.

Outras igrexas parroquiais

Cada unha das parroquias de Boqueixón conta coa súa propia capela ou cunha igrexa. Salientan, entre elas, as seguintes:

  • Igrexa parroquial de Loureda
  • Igrexa parroquial e cruceiro de Lamas
  • Igrexa parroquila de Oural e a Capela do Castro
  • Capela de Nosa Señora da Fonte en Pousada
  • Igrexa de San Lourenzo en A Granxa
  • Capela de San Bieito de Rodiño, en Sergude
  • Capela de Donas
Capela de Donas

Capela de Donas

Skip to content Click to listen highlighted text!