Saltar ao contido

FILLOA FOLK

FILLOA FOLK

A música, e especialmente a música tradicional galega, xoga dende sempre un papel fundamental na Festa da Filloa de Lestedo.

Por este motivo, e coa finalidade de darlle un lugar aínda máis destacado dentro da celebración do evento, no ano 2023 púxose en marcha a primeira edición do Filloa Folk, unha xornada completamente dedicada ás nosas melodías.

O Filloa Folk ten lugar no Campo da Festa de Lestedo na xornada previa ao día grande da celebración, que sempre cae en domingo. Deste xeito, dende a media tarde do sábado, a veciñanza de Boqueixón e da súa contorna, así como tódolos visitantes que se achegan á Lestedo, poden gozar dalgúns dos artistas máis destacados da música de Galicia, acompañados de grupos locais e noveis.

Por este motivo, e coa finalidade de darlle un lugar aínda máis destacado dentro da celebración do evento, no ano 2023 púxose en marcha a primeira edición do Filloa Folk, unha xornada completamente dedicada ás nosas melodías.

O Filloa Folk ten lugar no Campo da Festa de Lestedo na xornada previa ao día da grande da celebración, que sempre cae en domingo. Deste xeito, dende a media tarde do sábado, a veciñanza de Boqueixón e da súa contorna, así como tódolos visitantes que se achegan á Lestedo, poden gozar dalgúns dos artistas máis destacados da música de Galicia, acompañados de grupos locais e noveis.

Así, polo palco do Filloa Folk pasaron xa músicos tan importantes como Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, referentes da pandeireta en Galicia; ou o recoñecido gaiteiro Budiño, co seu último espectáculo Branca Vela.

Xunto a estes artistas estiveron tamén agrupacións coma Roibén, A Requinta da Laxeira ou Raeira e Raiola da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio.

Cabe destacar que o Filloa Folk busca dinamizar e promover o patrimonio artístico galego a través da súa música, baseada na creación colectiva e na participación social. Por iso, durante o evento, é posible gozar do baile tradicional galego a través dos grupos de persoas que, de xeito espontáneo, súmanse á festa coas súas bailas.

Cabe destacar que Filloa Folk busca dinamizar e promover o patrimonio artístico galego a través da súa música, baseada na creación colectiva e na participación social. Por iso, durante o evento, é posible gozar do baile tradicional galego a través dos grupos de persoas que, de xeito espontáneo, súmanse á festa coas súas bailas.

Skip to content Click to listen highlighted text!