Saltar ao contido

PICO SACRO

PICO SACRO

O Pico Sacro é o icono por excelencia do concello de Boqueixón. O escritor Ramón Otero Pedrayo definiuno como “a cima máis bela e simbólica de Galicia” e Castelao como “o altar de Galicia”.

Este monte sagrado conforma un enclave onde a natureza se mestura coa historia, as lendas e os contos populares. A súa forma puntiaguda, a súa peculiar morfoloxía a base de rochas de cuarzo cristalizado e os seus case 600 metros de altura forman unha silueta inconfundible, ó mesmo tempo que ofrece unha das vistas panorámicas máis extensas de toda Galicia.

Pico-1

Vista do Pico Sacro coa Capela de San Sebastián

Pico-2

Vista de Boqueixón e comarca de Santiago desde o Pico Sacro

A vinculación do Pico Sacro coa tradición xacobea é moi clara e está recollida no Códice Calixtino. De feito, este enclave resulta fundamental na historia da Traslatio, e máis concretamente co mito da Raíña Lupa e do traslado do corpo do Apóstolo Santiago a Compostela.

O Pico Sacro esconde tamén os restos dunha fortaleza medieval que protexía a entrada a Compostela dende a Vía da Prata e os tesouros arquitectónicos da Capela de San Sebastián, que ten a súa orixe nun antigo mosteiro do ano 912. Unha información que o visitante pode conseguir no Centro de Interpretación do Pico Sacro situado na antiga casa reitoral de Lestedo, na aldea de Cachosenande e ó pé do Pico Sacro. Un punto onde entender a xénese e a evolución histórica deste monumento natural.

A vinculación do Pico Sacro coa tradición xacobea é moi clara e está recollida no Códice Calixtino. De feito, este enclave resulta fundamental na historia da Traslatio, e máis concretamente co mito da Raíña Lupa e do traslado do corpo do Apóstolo Santiago a Compostela.

O Pico Sacro esconde tamén os restos dunha fortaleza medieval que protexía a entrada a Compostela dende a Vía da Prata e os tesouros arquitectónicos da Capela de San Sebastián, que ten a súa orixe nun antigo mosteiro do ano 912. Unha información que a persona visitante pode conseguir no Centro de Interpretación do Pico Sacro situado na antiga casa reitoral de Lestedo, na aldea de Cachosenande e ao pé do Pico Sacro. Un punto onde entender a xénese e a evolución histórica deste monumento natural.

Pico-2

Vista de Boqueixón e comarca de Santiago desde o Pico Sacro

Skip to content Click to listen highlighted text!