Saltar ao contido

QUE VER

QUE VER

Lestedo é moito máis que a Festa da Filloa! Alonga a túa estancia e goza de todo o que che pode ofrecer Boqueixón!

A localidade de Lestedo pertence ao municipio de Boqueixón, ao que se define como A Paisaxe, que está integrado por 14 parroquias. Co singular Pico Sacro como principal reclamo, este territorio conforma un destino ideal para as persoas amantes da natureza, da cultura, da historia, da xeoloxía, das peregrinacións a Compostela -coa Vía da Prata e os Camiños de Inverno e Miñoto-Ribeiro- ou das lendas xacobeas en torno á Raíña Lupa.

Que ver-1
Que ver-2

Se o teu interese é o deporte ao aire libre, aquí atoparás o teu sitio tanto para completar itinerarios naturais camiñando como para descubrir as augas do río Ulla en kaiak. Incluso, poderás ter a oportunidade de adentrarte nas entrañas do Pico Sacro baixando polas súas covas de cuarzo branco, únicas no continente.

Aproveita a túa asistencia a calquera das actividades da Festa da Filloa de Lestedo para gozar dunha estancia entre incribles paraxes naturais, rutas de sendeirismo a pé de río, impresionantes panorámicas de Santiago e da súa bisbarra, curiosas historias a pé da Vía da Prata e un merecido descanso en áreas recreativas de gran fermosura.

Agardámoste en Boqueixón!

Skip to content Click to listen highlighted text!