1.- Poderán participar todas aquelas crianzas nadas no ano 2010 en diante
2.- A participación será gratuíta
3.- No caso de presentarse ao concurso acompañadas de persoas adultas, o xurado só valorará aqueles/as participantes referidos no punto 1 destas bases.
4.- A inscrición realizarase a partirdo día 2 ata o día 13 de febreiro a través do formulario dispoñible na web www.festadafilloadelestedo.gal, onde figurarán (nome, idade e categoría na que se presenta).
Aqueles que leven algunha canción seleccionada para acompañar no seu desfile, deberán indicalo antes do día 11 ao enderezo electrónico concursofilloa@gmail.com.
5.- Haberá tres modalidades: individual, parella e grupal.
6.- Aspectos a valorar polo xurado:
A) Traballo na confección do disfrace, valorando especialmente a elaboración artesanal
B) Creatividade e orixinalidade da proposta
C) Posta en escena: simpatía, transmutación, escenificación ou coreografía…
7.- Haberá dous premios por categoría, coas seguintes dotacións:
A) Categoría de grupos:
Primeiro premio: 300€. Segundo premio: 200€
B) Categoría de parellas:
Primeiro premio: 200 €. Segundo premio: 100€
C) Categoría individual:
Primeiro premio: 100€. Segundo premio: 50€
8.- O xurado e a Asociación da Filloa están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas, ante calquera imprevisto co recollido nas bases presentes.
9.- A participación implica a aceptación das seguintes bases e que as persoas participantes aceptan que a asociación tome fotografías e vídeos do evento para a súa difusión en medios propios como web, RRSS ou envío de materiais a medios de comunicación.